Sevilla recibirá a selección galega escolar de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

A Selección Galega de atletismo tomará parte este domingo 3 de marzo, no Campionato de España Sub16 e Sub18 por Autonomías en idade Escolar que se desenvolverá na localidade sevillana de Villamanrique de la Condesa

A esta cita acude un potente equipo na categoría sub18 masculina, que intentará repetir ou mellorar o podio do ano pasado. Ó fronte da mesma estará El Medhi El Nabaoui nun fantástico estado de forma que o convirten nun dos claros favoritos á facerse co triunfo.  O subcampión de España Sub16 do ano pasado Hugo García, estará a bo seguro nos postos importantes. Xunto eles estarán Iker González,Esteban Basanta, Xoel Rodríguez e Said Abdoun.

A subcampioa de España Sub16 en Murcia na edición anterior Carla Guisande, será quen lidere o combinado feminino Sub18. Xunto a de Beade repiten na selección, Noelia Sánchez e Nerea Lage, sendo Carmen Victoria González, Blanca Armenteros e Sara Prieto quenes debuten.

Na categoría Sub16, Pedro Vázquez e Antón Martínez estarán ó fronte dun equipo no que tamén sairán a correr sobre os  5.000 m.  Brais Picón, Iván Rego, José Benito Rodríguez, e Sergio Souto.  Terán a difícil misión de estar sobre o cuarto lugar acadado en Murcia a tempada pasada.

Por último, unha nova selección feminina sub16, na que todas son debutantes, intentará facer un bo papel e acumular experiencias na alta competición. Estará composto por Laura Carracedo, Carmen Aguiño, Aldara Fonseca, Anxela Seoane, Marcela Morgado e Victoria Cons.

O artigo Sevilla recibirá a selección galega escolar de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Sevilla recibirá a selección galega escolar de campo a través

Mas noticias relacionadas