Solicitude para o acceso ás instalacións de Pontevedra nesta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana novamente as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida unha intensa xornada de atletismo na que nada menos que  catro competicións, divididas en tres xornadas, serán as que centren todo o interese do atletismo galego.

Por un lado contaremos ca celebración das probas de medio fondo e fondo correspondentes ao Campionato de Galicia de pista cuberta Sub10, Sub12 e Sub14 que non se poideron desenvolver por seguridade en Expourense o anterior fin de semana. Tamén contaremos co Campionato de Galicia de Probas Combinadas que se desenvolverá en sábado e domingo, asi como os dous controis de probas organizados no sábado e domingo.

Toda esta importante actividade fará que un importante número de atletas estén polas instalacións de Pontevedra o que obrigará a extremar as medidas de seguridade e onde as limitacións de acceso e demáis medidas que se veñen habitualmente adoptando, seguirán plenamente vixentes.

Por tal motivo, habilítase unha plataforma para que os clubs poidan nomear a unha/un só responsable autorizado para acceder ao recinto que deberá inscribirse como data tope antes do venres 26 ás 14.00 horas nos seguintes enlaces

O artigo Solicitude para o acceso ás instalacións de Pontevedra nesta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Solicitude para o acceso ás instalacións de Pontevedra nesta fin de semana

Mas noticias relacionadas