SUBCAMPIÓNS GALEGOS de MEDIO MARATÓN (3 xuño, Riveira)

Publicado por: Lucus Atletismo

Esta mañá de domingo 3 de xuño tiña lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN disputado á vez que o II MEDIO MARATÓN RIVEIRA21, na localidade coruñesa de Santa Uxía de Riveira, no que o Lucus Caixa Rural Galega rematou como subcampión galego por equipos!!
A partir das 10:00 horas daba comezo esta proba na que os/as participantes percorrerían un total de 21km, partindo desde o Porto de Aguiño ata a mesma Riveira. Representando ao Lucus Caixa Rural Galega acudiron cinco atletas, que sumarían xuntos as forzas para puntuar como equipo e rematar a xornada como subcampións autonómicos. Os primeiros en cruzar a meta serían Juan Antonio Gude e Nicolás Arrojo, aos que seguiu Xabier Díaz, ambos os tres sumando un tempo de 3:39.44, que lles darían a medalla de prata neste campionato galego en equipo; así como Daniel Pérez e Ángel Rábade, que remataron en postos próximos con grandes resultados.
Podedes consultar os tempos de cada un nos resultados da imaxe posterior.
Noraboa equipo, sodes moi grandes!!

Enlace con la noticia original: SUBCAMPIÓNS GALEGOS de MEDIO MARATÓN (3 xuño, Riveira)

Mas noticias relacionadas