Todo preparado na Selección Galega para a cita da fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Unha importante selección galega partirá no día de mañán rumbo Granollers para tomar parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Malia que con moitas e importantes baixas, desprazarase ata a cidade catalana un equipo en líneas xeráis bastante equilibrado na que se conta ademáis ca participación de varios dos nosos internacionais que parten a priori como favoritos na loita polas primeiras posicións.

Sobre as posibles opcións do combinado galego, sémpre resulta difícil determinar unha posición exacta ainda que non debería andar moi lonxe dos postos de honra colleitados nos últimos anos. Dende o ano 2011, onde se produciría a unificación das categorías masculinas e femininas, a Selección Galega lograría un cuarto posto no ano 2012 , catro quintos lugares nos anos 2013,2014,2015 e 2017 así como dous sétimos nas edicións do 2011 e 2016.

En canto ós galegos que tomarán parte ca selección e que se atopan por marcas entre os cinco mellores rexistros dos participantes, contamos no sector de velocidade con Javi Cancela que tomará parte nos 100 m.l logo de marcar recentemente un rexistro de 10.49. Pedro Juncal pola súa banda tomará parte nos 400 m onde defenderá o seu rexistro de 48.45.

No medio fondo e fondo as internacionais Solange Pereira e Paula Mayobre serán unhas importantísimas bazas tanto nos 1.500 m. como nos 5.000 m. sen esquecernos da importante presenza de Leti Fernández nos 800 m., Alejo Ares nos 5.000 nin de Alice Marine Finot nos 3000 Obstáculos.

Os lanzamentos serán o puntal básico da nosa selección na que se contará nada menos que ca presenza dos internacionais absolutos Frank Casañas en disco e Belén Toimil en peso e disco. Non menos importante serán os concurso de martelo con Irene Gómez e Carlos Revuelta, así como de Manuel Uríz e Andrea González na xavelina.

Xa nos saltos destacado concurso de Ruth Ndoumbe quen defenderá os intereses galegos na proba de triple e na que unha Leticia Gil, en excelente estado de forma, intentará saltar sobre 6.20 m. na lonxitude.

Os relevos, en especial os curtos, serán outros dos sectores onde se acude con boas expectativas.

Selección galega definitiva e plan de viaxe

Resultados e inscritos

O artigo Todo preparado na Selección Galega para a cita da fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Todo preparado na Selección Galega para a cita da fin de semana

Mas noticias relacionadas