Todo preparado para Cantones

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe tería lugar no salón de plenos do Concello da Coruña a recepción oficial correspondente ao Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña. Trofeo Sergio Vázquez

Ao acto asistiron en calidade de anfitrioa a concelleira de Deportes do Concello Mónica Martínez e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos. Xunto eles, o campión mundial en Moscu-80 dos 20 km. e gañador da primeira edición de Cantones Maurizzio Damilano quen actuaba en representación da Word Athletics e Raúl González, xefe da delegación mexicana e campión olímpico do 50 km nos Angeles-94 e medalla de prata sobre o 20 km. nos mismo Xogos. Entre os asistentes no salón tamén se atopaba unha importante representación de marchadores e marchadoras de distintos paises que tomarán parte no día de mañán no Gran Premio

Todos os aludidos falarían brevemente,  coincidindo en indicar o enorme prestixio desta cita que colocan a Galicia e Coruña nas mais altas esferas do atletismo mundial.

Sobre a importancia que supón esta proba para os marchadores do continente americano, destaca o feito de que a maioría das prazas para os Xogos olímpicos dun importante número de paises hispanoamericanos decídase en Coruña debido á imposibilidade de albergar nos seus respectivos países, probas selectivas clasificatorias pola situación COVID. Este é un dos motivos polas cales México sexa o país que máis marchadores e marchadoras despraza ata Coruña cun total de 38, por diante incluso que de España.

Todo a punto

Con respecto a competición que se desenvolverá no día de mañán, todo practicamente a punto para que a partir das 17.00 horas (na categotria feminina) e das 19.00 horas ne masculina bote a andar polo trazado herculino os 170 atletas que acuden en representación de 29 paises participantes.

Lembramos que se recomenda debido a situación sanitaria, seguir a proba en directo que será emitida a través da seguinte ligazón

Información do G.P. Cantones

Web Cantones

O artigo Todo preparado para Cantones publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Todo preparado para Cantones

Mas noticias relacionadas