Top10 dos galegos no ranking nacional masculino

Publicado por: F.G. Atletismo

A estas altura da tempada e ca proximidade dos Campionatos de España Absolutos como última gran cita de referente a nivel nacional, son moitos os atletas galegos que logo de estar a traballar intensamente nunha dura e competitiva tempada, consiguen rematar entre os 10 primeiros do ranking RFEA o que os sitúa nese importante e selecto grupo formado pola elite do atletismo español.

Hoxe ímonos centrar no ranking nacional masculino (probas olímpicas) onde o primeiro dos galegos aparece no sector de velocidade. Javi Cancela do C.A. Santiago cos seus 10.49 (MMP) rexistrados en Vigo a semana pasada, fanno subir ata o noveno posto da sempre disputada lista de sprinters.

Adrián Ben Montenegro do F.C.Barcelona, que está a realizar unha excelente tempada, aparace no cuarto posto da distancia dos 800 m. logo de facer o 7 de xullo un marcón de 1:46.94 que representaría ademáis un novo récord galego Sub23. Non abandonamos a este atleta, xa que tamén figura no top dos 1.500 un posto máis abaixo, o quinto, e no que no pasado 22 de xuño asinaría outra non menos importante marca de 3:39.40 que de igual modo representaría un récord galego Sub23.

Seguimos no medio fondo e fondo e continuamos con outro dos importantes do noso atletismo neste sector xa que o subcampión de Europa Sub20 do ano pasado nos 5.000 m. Tariku Novales figura no oitavo lugar nesa mesma distancia cun rexistro de 13:49.39 acadados en Soria a mediados de xuño.

Nos saltos, o olímpico Jean Marie Okutu do F.C.Barcelona, está a un centímetro de liderar o ranking dende principios de xullo con 7.89 m. polos 7.90 do andaluz Hector Santos que figura á cabeza do concurso. No triplo o campión nacional absoluto do ano 2016 Alfonso Palomanes do F.C.Barcelona con 15.53 m. ocupa o décimo posto nunha proba que encabeza Pablo Torrijos con 16.92 m.

Continuando co importante sector de lanzamentos,o pentaolímpico Frank Casañas se atopa nos primeiros lugares no concurso de disco con 59.93 m. e no que un ano máis, Victor Gallego da Gimástica entra no top10 no noveno posto con 52.72 m.

O martelo amosa a interesante e emocioante rivalidade que están a manter ó longo de toda a tempada os nosos dous mellores especialistas, Nacho Fernández, do Celta sexto con 62.34 e Carlos Revuelta do C.A Fent Cami Mislata, sétimo con 62.30 m. Si no campionato de Galicia o trunfo sería para o celeste, haberá que agardar o que aconteza no nacional de Getafe.

A xavelina, proba históricamente domiñada pola nosa comunidade que agarda a que os nosos máis importantes lanzadores saian das súas lesións, confórmase con ver no sétimo lugar a Manuel Uriz do CA Fent Cami Mislata, cun lanzamento de 69.21 m. logo dese magnífico rexistro que supuxo un novo récord nacional de 80.64 m. do líder Odei Jainaga.

O compostelano Pedro Nimo do 3RUN by PedroNimo , é outro dos destacados, figurando no posto cuarto na proba de maratón con 2h.15:12 o mesmo que a Selección Absoluta dos 4×100 quen con 45.74 sube ata ó quinto posto da lista

O artigo Top10 dos galegos no ranking nacional masculino publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Top10 dos galegos no ranking nacional masculino

Mas noticias relacionadas