TRES MARCAS PERSOAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS SUB16

Publicado por: Ourense Atletismo

Tres ourensanistas participaron no Campionato de España por Federacións Sub16 nas pistas de Monterrei. Resultado fantástico para os nosos atletas, con tres marcas persoais e unha medalla de bronce.

Naia Bermejo en triplo saltou 10.67 no seu segundo intento, rematando na segunda posición. Angel Araújo saltou 1.78, o que lle valeu para quedar en quinta posición, a tres centímetros das medallas. Mario Casal realizou un mellor lanzamento de 14.99 metros, co que quedou en terceira posición a tan só sete centímetros de igualar a marca da prata.

A selección galega masculina rematou na cuarta posición con 227 puntos, a catro do bronce, mentres que a feminina foi sexta con 210.5 puntos.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Atletismo sub-16 e inclusivo por selecciones autonómicas

La entrada TRES MARCAS PERSOAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS SUB16 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: TRES MARCAS PERSOAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS SUB16

Mas noticias relacionadas