Un Campionato galego absoluto de emocións e intensidades (I)

Publicado por: F.G. Atletismo

Expourense será o escenario da cita máis agardada e importante do ano ca celebración do Campionato de Galicia absoluto que se desenvolverá a dobre xornada o día domingo 14 de marzo a partir das 10.30 horas.

Ata a instalación cuberta acudirán a competir un importante número de atletas galegos e galegas de currículo internacional entre os que cabe citar ao Olímpico en Río no concurso de lonxitude Jean Marie Okutu, así como a de Belén Toimil que esta pasada fin de semana lograba nos campionatos europeos de atletismo unha nova plusmarca nacional en lanzamento de peso que lle garanten a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio deste ano.

A categoría másculina contará con moitas e interesantes probas

No sector de velocidade Javier García do Real Club Celta nos 60 m. acude ca mellor marca dos participantes na defensa do título logrado o ano pasado e onde o tamén céltico Roi Martínez  cun rexistro de 7.08,  será un dos claros aspirantes a medalla.

O internacional e plusmarquista galego dos 100 m. e 200 m. Mauro Triana do Playas de Castellón xunto a Sergio Rodríguez da Gimnástica serán os encargados de aportar xunto ao resto de atletas, calidade a esta proba do dobre hectómetro que ten no internacional coruñés ao vixente campión.

Nos 400 m. a non participación de Pedro Juncal deixa as portas moi abertas nunha proba na que está inscrito David de la Fuente da Gimnástica pero onde son  Kristian Krasnov do Club Atletismo Sada con 49.35 e David Ngwudile no Celta con 49.48 os que parten con mellores rexistro do aire libre.

Será o propio David de la Fuente quen intente competir tamén sobre uns 800 m. na procura do dobrete que se lle escaparía o ano pasado nos 400 m. e onde as mellores marcas están en mans dos ausentes Adri Ben e Pedro Ossorio.

Nos 1.500 m. Carlos Porto da Gimnástica acude na defensa do seu título co mellor rexistro dos participantes de 3:56.36 (AL) xunto ao cal estará tomando parte o subcampión nacional de aire libre Sub23 nos 800 m. Elian Numa López do Coruña Comarca que non perde ollo a esta distancia.

Nos 3.000 m., proba de fondo por excelencia da pista cuberta, poderemos disfrutar da veteranía e do futuro da man do vixente campión galego Alex Fernández do Ourense Atletismo e a do Campión de España ¨oficioso¨ Sub20 de campo a través El Mehdi El Naboaui do Playas de Castellón.

No sector dos valados veremos sobre a pista central ao finalista do último nacional Sub23  indoor Santi Rozas do Lucus Caixa Rural Galega, que parte con ventaxa con 8.50. Fronte ao lucense estará  tanto o subcampión galego da edición pasada Guzmán Carril da Atlética Lucense con 8.73 como Hugo Vázquez do Marineda que ven ocupar un extraordinario cuarto posto no recente Campionato de España Sub20.

No apartado de saltos, Andrés Vila do Lugo Runing acude en calidade de favorito á proba de altura con 1.83 m. estando a pértega máis aberta xa que o vixente campión galego Santi Ferrer da Gimnástica terá que pelexar moito tanto con Miguel Cajaraville do Celta con 4.41 m., como con Tomás López do C.A.Sada con 4.38 m. sen esquecernos de Aitor Fernández do Atletismo Narón con 4.33 m..

A lonxitude masculina será un dos pratos fortes deste campionato na que tomará parte o atleta olímpico e plusmarquista galego Jean Marie Okutu na procura de escalar os 7.77 m. que ten este ano e que o sitúan no terceiro lugar do ranking nacional.  Raul Cortizo e David Ferrer da Gimnástica con 7.14 e 6.78 m. así como Sergio Coello do Real Club Celta con 6.84 m. estarán tamén na loita polas medallas de honra.

O flamante subcampión nacional Sub23 e finalista no nacional absoluto no concurso de triplo Alex Barreirro do Lugo Runing parte como claro favorito para reeditar o seu título do ano pasado.

Por último, Victor Gallego da Gimnástica estará no círculo de peso para sumar un novo título autonómico que o convirten no atleta con máis campionatos galegos absolutos da historia do noso deporte. Fronte ao capitán da Gimnástica estará Fran Guzmán do Atletismo Sada que se atopa nun excelente estado de forma e que o farían que lanzara este ano ata os 13.71 m.

O artigo Un Campionato galego absoluto de emocións e intensidades (I) publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un Campionato galego absoluto de emocións e intensidades (I)

Mas noticias relacionadas