Un triple para soñar

Publicado por: F.G. Atletismo

O día de hoxe estaba marcada na axenda por partida dobre. Tanto Ana Peleteiro en triple, como Adrián Ben nos 1.500 saltaban ó tartán berlinés para comezar as súas actuacións nesta importante cita continental.

A primeira en tomar parte sería a saltadora de Barbanza quen acudía cunha gran seguridade na súa clasificación. Xa no primeiro salto e dunha maneira moi cómoda e convincente, chegaría ata os 14.27 metros que selaban ó seu pase a gran final que terá lugar o venres a partir das 20.00 horas. Con esta formidable actuación, a galega amosa as súas claras opcións de todo neste campionato na que a mellor no día de hoxe sería a grega Papahristou quen chegaría ata os 14.49 m. sendo a gran sorpresa a non clasificación da portuguesa campiona europea, Patricia Mamona.

O outro fronte estaría nos 1.500 m. onde o único representante español da distancia Adrián Ben correría na segunda serie. Como ben sendo habitual nel, sairía moi decidido tirando do grupo sabedor que as excasas posibilidades de clasificación pasaban por un bo rexistro. Nunha carreira accidentada na que a piques estaría de costar a clasificación do campión europeo e un dos favoritos ó título o noruego Filip Ingebrigtsen, o de viveiro loitaría ata o final marcando un rexistro de 3:42.81 que lle darían o oitavo lugar da súa serie e o décimo sétimo de todos os participantes.

O resto de galegos que tomarán parte nestos campionatos serán Lidia Parada en xavelina o día 9 as 12:30 horas, Solange Pereira Da Ponte nos 1.500 m. na primeira rolda o día 10 as 12:00 horas e Pedro Nimo del Oro na marathon o día 12 as 10:00 horas.

Resultados

O artigo Un triple para soñar publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un triple para soñar

Mas noticias relacionadas