Unha potente selección galega Sub18 viaxa a Granollers

Publicado por: F.G. Atletismo

Novamente a Selección Galega de Atletismo, acudirá  esta fin de semana a unha nova cita, en concretro a que se desenvolverá en Granollers na disputa do Campionato de España Sub18 de Federacións Autonómicas

Neste formato de competición que se celebra de meneira mixta, Galicia acude con importante equipo formado por dazanove atletas que aspira a mellorar a destacada cuarta posición lograda o ano pasado en Pamplona e na que a piques estiveron de ocupar zona de podio.

Por parte dos seleccionados e seleccionadas destaca a presenza dos campións de España Sub18 de pista cuberta deste ano, Ainhoa Reparaz quen tomará parte sobre os 100 m. e Pedro Vázquez quen fará o propio sobre os 3.000 m.

Lucia Sánchez del Valle na lonxitude; Xiana Lado en peso, e Enma Sihuang Pérez no concurso de altura, completan a relación de medallistas do pasado nacional indoor quenes estarán, xunto ao importante resto de seleccioados, na loita polos postos importantes do Campionato.

Selección galega

O artigo Unha potente selección galega Sub18 viaxa a Granollers publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Unha potente selección galega Sub18 viaxa a Granollers

Mas noticias relacionadas