Valores e deporte foron da man na fase final ABANCA

Publicado por: F.G. Atletismo

Deportividade, emoción, compañerismo e sobre todo moitas ganas de participar sería o que no día de onte puídose ver durante o transcurso da Fase final da VI LIga ABANCA de categoría menores que tería lugar na pista cuberta de Ourense e que serviría para inaugurar a primera das grandes citas da tempada.

48 clubes e preto de 800 atletas serían os que se deron cita para tomar parte en dobre xornada nesta importante competición do atletismo base na que os grandes protagonistas serían as nenas e nenos que encheron o recinto feiral baixo un gran ambente de festa.

Por clubs as victorias corresponderon para o ADAS Proinor nas categorías Sub10 e Sub12 homes e para o Ourense Atletismo na Sub12 feminina. O C.A.Sada subiría ó mais alto do podio na Sub10 feminina correspondendo o trunfo por equipos na Sub14 para o Vila de Cangas nas rapazas e para a Atlética Lucense nos rapaces.

Minuto de emoción e silenzo

Sen lugar a dúbidas un dos momentos máis especiais acontecería cando no centro da pista todos os asistentes agardarían un minuto de silenzo como repulsa os crimes e violencia machistas baixo o lema de “Vivir e correr sen medo” que enchería de emoción e repulsa a todo o recinto ferial

Resultados

O artigo Valores e deporte foron da man na fase final ABANCA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Valores e deporte foron da man na fase final ABANCA

Mas noticias relacionadas