VIII Liga Galega ABANCA – Fase Final

Publicado por: Ourense Atletismo

Unha vez recibidas as marcas obtidas nas diferentes fases previas celebradas, podemos decir que o noso clube está clasificado en tódalas categorías tanto masculinas coma femeninas. Esta fase final celebrarase o 15 de decembro na pista cuberta de Ourense, en horario de mañá para as categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14.

Haberá unha limitación na inscrición: Cada atleta so poderá realizar unha proba e un relevo, unha proba soa ou un relevo.

Na categoría Sub10 e Sub12 os clubs non poderán deixar sen cubrir ningunha das probas. Na categoría Sub14, poderán deixar sen cubrir unha das probas.

A proba de relevos será de4x50 ou 4×60 ( segundoa categoría) e farase de ida e volta na zona central. Nos cambios o receptor e o testigo deberán encontrarse integramente por deras da liña de cambio (meta ou saída de 50,60)

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves 12 de decembro.

O sistema de puntuación na final será establecido por postos. En cada carreira ou concurso establecerase o seguinte criterio: 1º: 8puntos., 2º: 7puntos, 3º: 6puntos … etc., no caso de que algún club non completase as probas suficientes a metade da competición non se tería en conta na clasificación de tal forma que non puntuaría ningunha proba e correrán posto os seus puntos.

Horario  Inscritos


Enlace con la noticia original: VIII Liga Galega ABANCA – Fase Final

Mas noticias relacionadas