Publicado por: S.G.Pontevedra
Non podía ser doutro xeito. Este ano, por noveno consecutivo (nin a pandemia o parou), a Gimnástica celebra unha nova edición da exhibición de atletismo co Saltar na Rúa 2025.
De novo a Praza da Ferrería será testemuña do espectáculo do salto de lonxitude, do triplo salto e do salto con pértega e os espectadores poderán comprobar moi de preto a dificultade destas disciplinas neste lugar emblemático da cidade de Pontevedra.
Atención ás redes sociais nos próximos días, porque iremos desvelando ós poucos os atletas que vos farán desfrutar das distintas modalidades de saltos a partir das 19:30 horas. Agardamos vervos a todos alí un ano máis!
Enlace con la noticia original: Volve o espectáculo do atletismo. Volve Saltar na Rúa!