Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Publicado por: F.G. Atletismo

Disputouse esta fin de semana a segunda das xornadas clasificatorias para a final da VII Liga ABANCA desenvolta en Ourense e na que tomarían parte os equipos das provincias de Lugo e Ourense.

Nesta xornada marcada pola moita participación, o Club ADAS sería o dominador logo de impoñerse nas categorías Sub10 e Sub12 homes. O Club Atlética Lucense faríase cos triunfos na categoría Sub14 resultando gañador o Ourense Atletismo na Sub12 feminina.

Con estos resultados xa sabemos cales os clubs clasificados para a fase final do vindeiro día 22 en Ourense, abríndose un prazo de reclamación que rematará o martes día 18 as 23:59 horas. Da mesma maneira o prazo para formalizar a inscripción nesta fase final será o vindeiro xoves día 20 as 20:00 horas.

Relación PROVISIONAL Equipos Clasificados para a VII Final Liga ABANCA

Relación comparativa por marcas

O artigo Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Mas noticias relacionadas