XIII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

Publicado por: Ourense Atletismo

A Federación Galega de Atletismo organiza o XIII Campionato de Galicia Sub 10, Sub12 e Sub14 de pista Cuberta o vindeiro sábado 14 de marzo na Pista Cuberta de Ourense en Expourense.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 10 de marzo. Lémbrase a obrigatoriedade de especificar a data e lugar nas inscricións. Non se admitirá ningún atleta que non teña marca acreditada. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 60).

Reglamento  Inscritos


Enlace con la noticia original: XIII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

Mas noticias relacionadas