XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO OURENSE 2018

INSCRICIÓN

ADULTOS

O prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018
A cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de 7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

MENORES

A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.
CANCELACIÓNS

Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
Non se entregarán dorsais o día da carreira.
A recollida anticipada de dorsais-chips (para os inscritos ata o 3 de novembro de 2018) será os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.
GARDARROUPA

A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *