Xogade: Fase Previa Campo a Través.

Publicado por: Ourense Atletismo

Este sábado 24 de Novembro tamén dará comezo a tradicional proba escolar do “Xogade”, desta volta ven de convocarse a proba da Fase Previa de Campo a Través. Coma xa é tradicional desputarase no complexo deportivo de Monterrey en xornada de mañá.
A inscrición dos atletas participantes en cada competición será o martes anterior a cada proba, agás nas fases provinciais e autonómica, nas que as inscricións dos equipos participantes deberán estar a disposición da organización antes das 20.00 h do xoves da semana anterior á celebración da proba. Para as fases previas a inscrición é sen límite de atletas e sen necesidade de formar equipos. Para a final comarcal do sábado 19 de xaneiro de 2019 e o Provincial, as inscricións faranse separadas por categorias e equipos.
 

Enlace con la noticia original: Xogade: Fase Previa Campo a Través.

Mas noticias relacionadas