Xornada de portas abertas no CGTD

Publicado por: F.G. Atletismo

Co obxecto de propiciar un coñecemento máis profundo das posibilidades que ofrece ó deporte galego o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra dependente da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Atletismo organizará a través da súa coordinadora do CGTD Loli Pedrares, unha xornada de portas abertas o vindeiro luns 16 de xullo de 10.30 a 14.00 horas.

Nesta visita reservada para os nados nos anos 2001,2002, 2003  e 2004 (e a que poderán asistir os pais), amosarase o centro por dentro organizándose de igual modo unha sesión de adestramento no sector de lanzamentos.

Aqueles interesados en acudir deberán confirmar antes do xoves día 12 as 14.00 horas a súa asistencia ó correo : direcciontecnica@atletismo.gal

O artigo Xornada de portas abertas no CGTD publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Xornada de portas abertas no CGTD

Mas noticias relacionadas