XXXVI Campionato de Galicia de Clubs Sub16 – Sub20

Publicado por: Ourense Atletismo

XXXVI CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS SUB16

A Federación Galega de Atletismo organiza o domingo 5 de maio o XXXVI Campionato de Galicia de Clubs Sub16 de pista ao aire libre en Ferrol.

Cada club estará representado por un/ha atleta en cada proba,e cada atleta poderá participar en 2 probas individuais ou 1 proba individual e un relevo ou dous relevos. En caso de carreiras só unha poderá ser superior a 300m.

Para que un Club poida tomar parte deberá cubrir un mínimo de 14 probas.

 A inscrición definitiva farase a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 do martes 30 de abril.

Horario Inscritos

XXXVI CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS SUB20

A Federación Galega de Atletismo organiza o domingo 5 de maio o XXXVI Campionato de Galicia de Clubs Sub20 de pista ao aire libre.

Cada club estará representado por un/ha atleta en cada proba, estando reservada a competición para os/as atletas sub18 e sub20. Os/as atletas poderán realizar dúas probas individuais, 1 proba individual e un relevo ou dous relevos. En caso de carreiras só unha poderá ser superior a 400m.

Respecto ó nº de actuacións de atletas de clubs asociados aplicarase a normativa da RFEA (máximo 6 participacións).

A inscrición definitiva farase a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 do martes 30 de abril.

Horario 

 


Enlace con la noticia original: XXXVI Campionato de Galicia de Clubs Sub16 – Sub20

Mas noticias relacionadas