ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2018 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

Publicado por: Seis do Nadal Basket

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal unha nova Edición do Campus de Inverno 2018 «Xornadas de Tecnificación». Despois do éxito das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

.

A nova edición do Campus de Inverno 2018 se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal os próximos días 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2018 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.

.

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2012) ata júnior (nados no ano 2001).

.

O prezo deste campus é de 40 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e tamén das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 50 euros para deportistas doutros clubs ou entidades.

.

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2018 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 23 de decembro do 2018 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

.

Xa se pode descargar a folla de inscrición para o Campus de Inverno 2018 «Xornadas de Tecnificación» pulsando na imaxe.

.


Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2018 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

Mas noticias relacionadas