ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN 2024 DO SEIS DO NADAL – COIA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Despois da excelente acollida da pasada tempada, abrimos a inscirición para unha nova edición do Campus de Verán 2024 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia!

Durante a semana do 1 ao 6 de xullo do 2024 e do 8 ao 13 de xullo do 2024 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2024 organizado un ano máis, un verán máis, polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.-.

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde a categoría benxamín (nados no ano 2016) ata a júnior (nados no ano 2006). 

O prezo deste campus é de 120 euros por unha semana e de 200 euros por dúas semanas. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 100 euros unha semana e de 160 euros dúas semanas. Nesta edicion haberá descontos por facer a inscrición antes do 31 de maio do 2024: 10 euros de desconto sobre cada cuota de inscrición.

As prazas dispoñibles para esta nova edición do Campus de Verán 2024 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada comprobante de pago). A inscrición desta nova edición do Campus de Verán 2024 se fará a través do seguiente formulario web pulsando aquí.


Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN 2024 DO SEIS DO NADAL – COIA

Mas noticias relacionadas