GAEL SALAS, XOGADOR DE ESCOLAS DEPORTIVAS E GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, RECIBIU OS SEUS PREMIOS

Publicado por: Seis do Nadal Basket

(Gael Salas cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, durante a Presentación Oficial da presente tempada 2018/2019)

.

Esta tempada 18/19 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por duodécimo ano consecutivo a 12ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

A postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Gael Salas, xogador da Escola Deportiva do CEIP Doutor Fléming e adestrador por Álvaro Rodríguez, Javier Román e Sandra Cacheda.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Gael Salas será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 2018/19 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creador da postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premio, durante a Presentación Oficial do presente curso 2018/2019 e das mans de Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo, mostras da súa postal, unha camiseta conmemorativa do 35º Aniversario e máis regalos.

.

(Abel Caballero, Alcalde de Vigo, saudando a Gael Salas)


Enlace con la noticia original: GAEL SALAS, XOGADOR DE ESCOLAS DEPORTIVAS E GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, RECIBIU OS SEUS PREMIOS

Mas noticias relacionadas