GRAN PARTICIPACIÓN DO ALEVÍN MASCULINO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

Publicado por: Seis do Nadal Basket

O conxunto Alevín Masculino de Primeira Dívisión do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia participou no pasado mes de xuño no Campionato de España de Clubs da categoría celebrado en Granada.

O noso combinado disputou tres encontros na súa estancia en terras andaluzas. Dúas axustadas derrotas ante Baloncesto Manacor (Illas Baleares) e Iveco Real Valladolid (Castela León) e unha vitoria ante Agustinos Naranja (Cantabria) coa que rematou a nosa participacion no campionato.

Parabéns a tódolos xogadores e adestradores pola vosa excelente tempada e polo voso esforzo e actitude en cada partido do Campionato de España. Sodes un auténtico orgullo para toda a nosa entidade!


Enlace con la noticia original: GRAN PARTICIPACIÓN DO ALEVÍN MASCULINO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

Mas noticias relacionadas