GRAN SORTEO PARA OS CRUCES DE PRIMEIRA ROLDA DO TORNEO AUTONÓMICO KIDS NBA 2K20

Publicado por: Seis do Nadal Basket

.

Xa temos os cruces da primeira rolda da versión «Kids» do Torneo Autonómico NBA 2K20, organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia co apoio da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, que terá lugar o domingo día 10 de maio do 2020 e que se poderá seguir a través da nosa canle de Twitch.

.

 

O sorteo dos partidos da primeira rolda tivo lugar o pasado venres 8 de maio do 2020 ás 18:00 horas da tarde e estivo presentado por Carlos Tresandí, presentador e colaborador da Radio Galega, e Sergio González, Director Deportivo e técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

 

Ademais tamén estiveron presentes durante o sroteo como convidados especiais: María Araújo, xogadora do Spar CityLift Girona; David Navarro, xogador do Monbus Obradoiro; Pepe Capelán e Lucía Veiga, presentadores da TVG.

 

(Imaxe do sorteo da Primeira Rolda do Torneo Autonóico Kids NBA 2K20)


Enlace con la noticia original: GRAN SORTEO PARA OS CRUCES DE PRIMEIRA ROLDA DO TORNEO AUTONÓMICO KIDS NBA 2K20

Mas noticias relacionadas