GRUPO FORBE ÚNESE A FAMILIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA NA PRESENTE TEMPADA 2018/2019

Publicado por: Seis do Nadal Basket

(De esquerda a dereita: Pablo Alonso, Coordindaor do club; Concepción Martíns, Presidenta da entidade; Rubén Domínguez, Director de Forbe; Sergio González, Director Deportivo do club; e Ramón Román, directivo da entidade)

.

Forbe, empresa galega especializada no sector da formación aberta, únese á familia do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para a presente
tempada 2018/2019
.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, visitaron as instalacións de Forbe en Vigo para pechar xunto a Rubén Domínguez, Director da empresa, o acordo de colaboración para o presente curso.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Sénior Feminino "A" do club, que compite actualmente na Liga Primeira Autonómica Feminina, levará o nome de Forbe Seis do Nadal para o que resta de tempada.

 

Rubén Domínguez, Director de Forbe, destacou durante a presentación que "o apoio ao club vigués enmárcase dentro da celeberación do noso décimo aniversario. O obxectivo é reforzar o noso compromiso co deporte de formación, máis concretamente co deporte feminino, e este club cumpre con tódolos valores que defendemos en Forbe: constancia, esforzo e superación."

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!


Enlace con la noticia original: GRUPO FORBE ÚNESE A FAMILIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA NA PRESENTE TEMPADA 2018/2019

Mas noticias relacionadas