IVÁN ROMERO, XOGADOR JÚNIOR DO CLUB, REPRESENTARÁ AO CLUB NO 2º TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K21

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Xa temos campión do noso Torneo Interno Clasificatorio e, polo tanto, representante do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para a Segunda Edición do Torneo Autonómico NBA 2K21 que se celebrará o domingo día 14 de febreiro do 2021.

Iván Romero, xogador do equipo Júnior Masculino de Primeira División, participará no 2º Torneo Autonómico NBA 2K21 despois de vencer no Torneo Interno do noso club, torneo que contou coa participación de 14 xogadores desde categoría infantil ata categoría sénior.


Enlace con la noticia original: IVÁN ROMERO, XOGADOR JÚNIOR DO CLUB, REPRESENTARÁ AO CLUB NO 2º TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K21

Mas noticias relacionadas