O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB PARTICIPARÁ NA COPA DE ESPAÑA ALEVÍN EN L´ALQUERÍA DEL BÁSKET

Publicado por: Seis do Nadal Basket

..

(O Alevín Masculino "A" do club participará na Copa de España de MINI)

..

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, PapelYa! Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Sergio González e Brais Álvarez, participará na Copa de España Alevín, campionato con carácter oficioso organizado por MHL Sports e que se pode considerar como o Campionato de España Alevín polo número de equipos e polo seu nivel.

..

O noso equipo participará os próximos días 21, 22 e 23 de xuño do 2019 na Copa de España Alevín que se disputará nas instalacións de L´Alquería del Básket en Valencia, unha das mellores instalacións deportivas a nivel europeo.

..

O PapelYa! Seis do Nadal competirá na primeira das fases no Grupo 6 da competición xunto ao Movistar Estudiantes de Madrid e CBZ La Salle de Zaragoza. De seguro vai ser unha experiencia inesquecible e un inmellorable xeito de rematar a tempada para tódolos nosos xogadores.

..

MOITA SORTE A TODOS!


Enlace con la noticia original: O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB PARTICIPARÁ NA COPA DE ESPAÑA ALEVÍN EN L´ALQUERÍA DEL BÁSKET

Mas noticias relacionadas