O SEIS DO NADAL – COIA MOI PRESENTE NA XUNTANZA DE CATEGORÍA PREMINIBÁSKET

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Moi boa experiencia o pasado sábado día 17 de xuño do 2023 para cinco xogador@s do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia na Xuntanza de Preminibásket organizada pola Federación Galega de Baloncesto en Pontevedra.

Formaron parte das seleccións de Vigo de categoría benxamín masculina e feminina: Iago Garín, Unai Rojo, Roi Vílchez, Laia Alonso e Coral Pérez. Parabéns a tod@s por esta nova experiencia!

E tamén estiveron presentes nesta Xunta Preminibásket os nosos técnicos Daniel Fernández e Pablo Estévez como adestradores da Selección Galega 2014 Masculina. Moitas felicidades aos dous por esta vivencia sumada!


Enlace con la noticia original: O SEIS DO NADAL – COIA MOI PRESENTE NA XUNTANZA DE CATEGORÍA PREMINIBÁSKET

Mas noticias relacionadas