RIO OURENSE TERMAL 49 – MONBUS OBRADOIRO 84

Publicado por: Marin Peixegalego

A segunda semifinal da tarde enfrontaba ao Río Ourense Termal fronte o santiagueses de Monbús Obradoiro.

Primeiro cuarto moi igualado, 13-14. Os de Moncho Fernández comandaban o marcador por un punto nada mais ante un Ourense que non lle perdía a cara o partido. O eslovaco fichado esta temporada por Obradoiro, Vladimir Brodziansky, castigaba dende a liña de 3 puntos e Sergio Rodríguez mantíñalle o pulso con 4.

Segundo cuarto cun perfil similar, no que os do “alquimistas” abrían unha pequena brecha e se ían o descanso cun 27-35, mercede sobre todo ao acerto exterior en forma de 3 triplas de Benjamin Simmons, esta ano ocupando a posición de 3.

Polos de Gonzalo Garcia de Vitoria facía a súa aparición na pista o descomunal físico de Earl Watson, o ex dos Rams de Rhode Island, xogando por enriba do aro, se ía a frioleira de 10 puntos e 11 rebotes para 20 de valoración.

Despois do descanso os canoneiros obradoiristas castigaban en cada ataque sobre todo dende a liña de 3 puntos, co pulso de Benjamin Simmons acertando de forma impenitente, acadaba os 23 puntos de anotación, moi ben secundado por Brodziansky e polo grego Kostas Vasileadis, mentres que os Cobistas seguían desacertados no tiro exterior e co seu caudal anotador, que chegaba sobre todo de posicións interiores paralizado neste cuarto que arroxaba un 37-66 que rompía o encontro definitivamente.

O derradeiro cuarto de tramite para o marcador final 49-84 que certificaba o pase do Monbus Obradoiro un ano mais a final da copa Galicia que se celebrará o día 31/10/2018 no pavillón da Raña.

ESTADISTICAS

La entrada RIO OURENSE TERMAL 49 – MONBUS OBRADOIRO 84 se publicó primero en Peixe Galego.


Enlace con la noticia original: RIO OURENSE TERMAL 49 – MONBUS OBRADOIRO 84

Mas noticias relacionadas