
Publicado por: Bm Porriño
Hoxe na Casa do Concello do Porriño presentouse a campaña NON da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, deseñada polo Club Balonmán Porriño.
No acto estiveron presentes:
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño.
Carolina González, concelleira de Igualdade.
Abel Estévez, presidente do Club Balonmán Porriño.
Júlia Figueira, xogadora do Conservas Orbe Zendal BM Porriño.
Este ano o club lanza o seu lema:
“A VIOLENCIA NON TEN DORSAL NESTE CLUBE”,
reafirmando o noso compromiso en contra de calquera tipo de violencia en todos os ámbitos da vida cotiá.
Este sábado 15 de novembro, o encontro entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Zonzamas estará adicado a esta campaña, sumando o noso gran de area pola igualdade e o respecto 
@deportegal @xuntagalicia @igualdadegalicia @oporrinoconcello @carolgcostas @alejandro.lorenzo.caroca
Enlace con la noticia original: A VIOLENCIA NON TEN DORSAL NESTE CLUBE
