CONVOCATORIA | Asemblea Xeral Ordinaria

Publicado por: Mecalia Guardés

De acordo co disposto nos artigos 16 e 17 dos vixentes Estatutos do CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS, convócase aos socios/as a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro domingo 18 de outubro de 2020 ás 12 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 horas na segunda e última coa seguinte orde do día :

1º .- Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior asemblea.

2º .- Presentación da nova Xunta Directiva do Club.

3º .- Informe do Presidente, ECONÓMICO e DEPORTIVO da temporada 2019/2020.

4º .- Presuposto económico do Club para a temporada 2020/2021.

5º .- Rogos e preguntas.


Enlace con la noticia original: CONVOCATORIA | Asemblea Xeral Ordinaria

Mas noticias relacionadas