A campaña 'Eu Fágome Ver' chega este sábado a Noia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Co obxecto de impulsar o uso de pezas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais condutores de vehículos, a campaña de seguridade 'Eu Fágome Ver' repartirá chalecos retroreflectantes, doados pola Xunta de Galicia, este sábado 27 de xullo no municipio coruñés de Noia.

Este acto contará coa colaboración e presenza de Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade; María Victoria Barreiro, da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia; Miguel Soldán, capitán da Garda Civil de Tráfico; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. 

O reparto de chalecos ao colectivo ciclista terá lugar no punto quilométrico 74,9 da AC-550 a partir das 10:30 horas.

 

Día: 27 de xullo de 2019.

Hora: 10:30

Lugar: AC-550, Km 74,9


Enlace con la noticia original: A campaña 'Eu Fágome Ver' chega este sábado a Noia

Mas noticias relacionadas