A Copa Galicia de Estrada Elite-Sub23 entra en escena este sábado coa Clásica de Pascua

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A terceira edición da Copa Galicia de Estrada Elite-Sub23 arranca este sábado en Padrón, a localidade que acapara o palmarés deste certame autonómico. No ranking final do 2017 impúxose o padronés José Luis Mariño, cando defendía as cores do Cambre, e o ano pasado triunfou o seu veciño Martín Lestido (Supermercados Froiz). Os 125 kilómetros da 57ª Clásica de Pascua-Memorial Francisco Rodríguez Pazos decidirán quen viste o primeiro maillot de líder neste 2019. 

Un mes despois da proba organizada polo Club Ciclista Padronés,  a Copa Galicia regresará da man do Club Ciclista Compostelano coa celebración do XIX Trofeo da Ascensión Cidade de Santiago, carreira regresa ao calendario amateur despois de dous anos de ausencia. Disputarase o sábado 30 de maio. 

A derradeira cita puntuable chegará o domingo 15 de setembro en Pontevedra. O G.D. Supermercaados Froiz exercerá de anfitrión unha temporada máis no Memorial Rogelio Acuña. 

 

Calendario

27/04/2019                    Clásica de Pascua-Memorial Francisco Rodríguez Pazos            Padronés, C.C.

30/05/2019                    XIX Trofeo da Ascensión Cidade de Santiago                                Compostelano, C.C.

15/09/2019                    Memorial Rogelio Acuña                                                                   Supermercados Froiz, G.D. 


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia de Estrada Elite-Sub23 entra en escena este sábado coa Clásica de Pascua

Mas noticias relacionadas