A FGC solidarízase cos afectados no suceso do Marisquiño 2018

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo esperta hoxe preocupada ao coñecer a noticia do sucedido no Náutico de Vigo con motivo do Marisquiño no seu concerto de despedida. O noso maior desexo é a pronta recuperación das persoas accidentadas e de forma especial os feridos trasladados aos hospitais de Vigo e a quen queremos facer chegar o noso agarimo a eles e ás súas familias. Dende esta Federación poñemos a disposición de todos os nosos asociados implicados neste suceso os servizos de asesoría xurídica e avogado.
Por outra banda enviamos o noso ánimo aos organizadores do Marisquiño para que este grave suceso non altere a ilusión e empeño que viñeron amosando en cada edición e que fixeron deste festival o principal referente de deporte urbano no noso país.


Enlace con la noticia original: A FGC solidarízase cos afectados no suceso do Marisquiño 2018

Mas noticias relacionadas