A Gala do Ciclismo Galego festexará unha histórica colleita de medallas nos Campionatos de España

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O ano 2019 e o inicio do 2020 poden catalogarse de históricos paras os ciclistas galegos pola cifra de medallas acadada nos Campionatos de España. Os nosos representantes obtiveron 58 postos de podio, un excelente balance que será festexado este sábado a partir das 19:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra durante a celebración da Gala do Ciclismo Galego.

Por primeira vez neste evento, vanse entregar en ano natural os diplomas aos medallistas no último Campionato de España de Ciclocrós. Precisamente foi en Pontevedra, no circuíto da Illa das Esculturas, onde na segunda fin de semana de xaneiro se disputou esa cita na que os corredores galegos pisaron o caixón en once ocasións. 

O ciclocrós autonómico xa conseguira oito podios un ano antes no mesmo escenario. Dese xeito comezou o exitoso 2019, un exercicio no que sobresaíron os 14 metais galegos no Campionato de España de Enduro en Moaña. O resto de medallas chegaron nas probas de Estrada (5), Cross Country Olímpico (3), Descenso (2), Cross Country Maratón (4), Cross Country Ultramaratón (5), Ciclismo Adaptado en Estrada (5) e no estatal Escolar (1).

Adxuntamos documento coa relación de medallistas.

 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: A Gala do Ciclismo Galego festexará unha histórica colleita de medallas nos Campionatos de España

Mas noticias relacionadas