A Transheroica aposta por un novo formato

Publicado por: F.G. Ciclismo

A Transheroica BTT Race duplícase neste 2019. A proba organizada polo Chantadino Master Team cambia de formato e terá dous días de competición durante a vindeira fin de semana nos montes dos concellos lucenses de Chantada e O Saviñao. O sábado pola tarde celebrarase unha contrarreloxo individual de 20 kilómetros e o domingo pola mañá unha tirada cross country maratón (XCM) de aproxidamente 65 km. 

O prazo para inscribirse a través de www.emesports.es remata este xoves 28 de febreiro ás 22:00 horas. Ao tratarse dunha competición challenge os corredores que o desexen poden anotarse a unha soa xornada, pero escollendo esa opción non optarán a ningunha clasificación xeral. 

O pistoletazo inicial a esta cita darase ás 15:30 horas do sábado coa saída do primeiro participante na contrarreloxo, mentres que o domingo os bikers poranse en marcha ás 10:30 horas. Vía Romana e os dous concellos que acollerán a competición son os patrocinadores principais deste evento.

 

 


Enlace con la noticia original: A Transheroica aposta por un novo formato

Mas noticias relacionadas