A VII Andaina Contra a Violencia de Xénero percorrerá Santiago de Compostela o domingo 24

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, o domingo 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela a VII Andaina Contra a Violencia de Xénero: Camiño ao Respecto.

Esta marcha arrancará ás 11:00h dende o Monte do Gozo e a chegada está estimada ás 12:30h á Praza do Obradoiro, onde se dará lectura a un manifesto contra a Violencia de Xénero.

A Federación Galega de Ciclismo anima aos clubs, ciclistas, xuíces-árbitros/as e directivos/as, a que se unan a esta iniciativa.

Para participar é necesario cubrir o formulario deste enlace http://www.andainaigualdadexunta.gal


Enlace con la noticia original: A VII Andaina Contra a Violencia de Xénero percorrerá Santiago de Compostela o domingo 24

Mas noticias relacionadas