Javier Busto revalidou en Italia o título de campión de Europa máster-35 de BTT Maratón

Publicado por: F.G. Ciclismo

Segunda coroa europea para Javier Busto. O biker do Extol – La Gramola Team defendeu con éxito este domingo na localidade italiana de Spilimbergo o título de continental na categoría máster-35 acadado no 2017 en Eslovaquia. O lalinense venceu dentro do seu grupo de idade nunha proba de 104 kilómetros de distancia e con máis de 3.000 metros de desnivel positivo acumulado. 

O tempo de Busto na liña de meta foi de 4 horas 56 minutos e 52 segundos, ocupando a posición número 67 dentro da clasificación xeral. A loita polo título entre os masters-35 estivo moi igualada. O segundo clasificado Nicola Corsetti (Italia) rematou a 1 minuto e 25 segundos do dezano, mentres que o tamén italiano Luca Montelatici fíxose co bronce finalizando 33" máis que o seu compatriota. 

"Non me esperaba hoxe este resultado e máis vendo que me tocou saír moi retrasado na grella e non fun capaz de contactar nos quilómetros iniciais coa cabeza da carreira. Proba espectacular e durísima, moi técnica pero con fortes subidas como a min me gusta e moita calor. Ao final tirando sen parar toda a proba para chegar a meta sen saber o posto. Incrible poder repetir vitoria en M35", sinalou Busto. 


Enlace con la noticia original: Javier Busto revalidou en Italia o título de campión de Europa máster-35 de BTT Maratón

Mas noticias relacionadas