As Pontes baixou o pano da Copa Galicia de Estrada para master

Publicado por: F.G. Ciclismo

A segunda edición do Gran Premio Master Vila dás Pontes foi unha nova oportunidade para ver a fortaleza que Iago Alonso (Chantadino) está a mostrar ao longo de toda a tempada e que lle serviu para conquistar a Copa Galicia de Estrada Master 2018 que tiña nas Pontes a súa última cita.

O master 30 vigués soubo coarse na fuga boa da proba e disputar o triunfo na meta logrando a segunda posición tras José María Hernandez (Da Luz). Atrás quedaban 70 quilómetros dunha carreira que discorreu por algún das paraxes naturais máis fermosos de España. A pesar da discreta nómina de participantes, o pelotón aplicouse en cubrir o percorrido cunha media de 42 km á hora e aínda que foron numerosos os intentos de fuga, non sería ata metade de carreira cando se xuntasen os oito ciclistas que chegaría a disputar a meta final.

O asturiano Hernández (Da Luz) cruzou a meta como gañador cun tempo de 1 hora e 31 minutos seguido no sprint por Iago Alonso (Chantadino) e José Luis Pico ( Moskovitas) a 3 segundos quen gañou a categoría master 40. Rubén Fernández Oliveira (Norinver) ausente nas Pontes, foi o gañador final da Copa Galicia,

Tampouco o betanceiro Javier de la Fuente ( Norinver) tivo problemas en chegar con autoridade no grupo cabecero e sumou un novo triunfo esta tempada entre os master 50 e a camisola final da Copa Galicia.

Gañadores da Copa Galicia Master 2018 de Estrada

Master 30 Iago Alonso (Chantadino)
Master 40 Ruben Fernendez Oliveira ( Norinver)
Master 50/60 Javier De la Fuente ( Norinver)

Clasificacións da carreira


Enlace con la noticia original: As Pontes baixou o pano da Copa Galicia de Estrada para master

Mas noticias relacionadas