Axudas da Deputación aos deportistas ourensanos

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Deputación de Ourense fixo pública a convocatoria de axudas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a tempada 2017-18.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 30 de novembro actual e a dotación económica establecida total ascende a 30.000 euros.

Poderán ser beneficiarios as  persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais (excluíndose, por tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2017-2018.

b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2017-2018 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia.

©DEPUTACIÓN DE OURENSE (Area de Cultura e Deporte)


Enlace con la noticia original: Axudas da Deputación aos deportistas ourensanos

Mas noticias relacionadas