Busto e Lois dan o primeiro paso na Transgalaica

Publicado por: F.G. Ciclismo

Gran éxito unha vez máis do Extol-La Gramola Team ao copar os principais triunfos da primeira proba da Transgalaica2018 disputada na xornada de hoxe en Cerdedo-Cotobade. Ao dominio habitual que tiñan na categoría masculina con Javi Busto, suma con estas 11 vitorias, este ano co reforzo de Lara Lois pasan a ser tamén os dominadores da categoría feminina. A isto hai que sumarlle a vitoria na clasificación por equipos.

En categoría masculina gran día de Alex Trasbach e Esteban Sánchez que mantiveron a tensión polo resultado ata o último momento. Entre as mozas completaron o caixón Isabel Picoaga, que se transforma nas Transgalaicas, e Mar Delgado co seu primeiro podio.

O Concello de Ames, coa organización do C. C. Vos Esfola Arrós, acollerá a próxima xornada da Transgalaica o próximo 11 de marzo.

Fonte e foto: Transgalaica 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Busto e Lois dan o primeiro paso na Transgalaica

Mas noticias relacionadas