Susana Alonso, Ana Mª González e Uxía Álvarez: tres podios galegos nos Open de España de BTT

Publicado por: F.G. Ciclismo

Dous Open de España de BTT puxéronse en marcha durante a pasada fin de semana e nesta dobre estrea as mulleres galegas brillaron con luz propia. A cadete Uxía Álvarez (Coruxo) vestiuse o maillot de líder no certame de descenso, mentres que no de Cross Country Maratón (XCM) a elite Susana Alonso (Extremadura-Ecopilas) e a máster-40 Ana Mª González (Extol – La Gramola Team) rubricaron dous segundos postos.

Non puido ter mellor debut Uxía Álvarez nunha proba de DHI ao máximo nivel estatal. A rider do Coruxo, actual líder da Copa Galicia, impúxose na provincia de Málaga no Alhaurín de la Torre Downhill International. A viguesa marcou un tempo de 5 minutos e 24 segundos, quedando moi cerca das elites. A seguinte cita deste Open de España chegará durante a vindeira fin de semana co Bilbao Downhill

Máis información

Tamén en terras andaluzas, neste caso na provincia de Huelva, arrancou o certame estatal de BTT Maratón coa disputa da 15ª Ruta BTT Valverdel del Camino. Na competición elite feminina, a mosense Susana Alonso ocupou a segunda posición en todos os pasos intermedios dos 80 kilómetros de percorrido. Por diante dela rodou María Díaz (Bikes Armilla), que na liña de meta avantaxou en 15 minutos á galega do Extremadura-Ecopilas. O terceiro posto correspondeulle a Francisca Jiménez. 

Ao mesmo chanzo do podio subiu a defensora do título máster-40. Ana Mª González tan so foi superada na súa categoría por Julieta Escudero (Albox Bik), que se distanciou da representante do Extol – La Gramola Team en 3:22. Este certame continuará o 8 de abril coa 9ª Maratón Capitana Javi Cabeza, en Guadalcanal (Sevilla)

Máis información

Por outra banda, en Cofrentes (Valencia) deuse o bandeirazo inicial ao Superprestigio, circuíto de carreiras de Cross Country Olímpico (XCO). Adrián Barros (Coruxo) rematou terceiro nos juniors, con Carlos Canal (Academia Postal – Actyon – MMR) tendo que abandonar por mor dunha avaría, e Samuel González (Salvaterra) finalizou quinto sub23 e decimocuarto na clasificación absoluta elite-sub23. 

Máis información


Enlace con la noticia original: Susana Alonso, Ana Mª González e Uxía Álvarez: tres podios galegos nos Open de España de BTT

Mas noticias relacionadas