Comunicado do 14 de marzo de 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre as actividades deportivas ao aire libre en instalacións deportivas en Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia no día de hoxe activou a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indi- cando que se adopten as medidas preventivas necesarias.

No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 100 km/h que afectará a A Coruña, Lugo (A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, No- roeste e Montaña), esperándose que dea comezo a partir das primeiras horas do mércores, 14 de marzo de 2018 e prolongándose ata a tarde/noite do mesmo día 14.

Á vista desta situación, desde esta Secretaría Xeral para o Deporte INSTASE Á SUSPENSIÓN DE TODAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO MÉRCORES 14 DE MARZO DE 2018 EN TODA GALICIA.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Es- tatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas do mércores 14 de marzo de 2018

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportis- tas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO  INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.ae- met.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

 

Santiago de Compostela

A secretaria xeral para o Deporte Marta Míguez Telle

(documento asinado dixitalmente)


Enlace con la noticia original: Comunicado do 14 de marzo de 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre as actividades deportivas ao aire libre en instalacións deportivas en Galicia

Mas noticias relacionadas