Concello de Verín e FGC preparan a primeira etapa da Volta a Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo está a ultimar os preparativos para a celebración da Volta Ciclista a Galicia 2018. Por ese motivo o presidente federativo Juan Carlos Muñiz e o director da Volta, Guillermo Sande, mantiveron unha reunión con Gerardo Seoane, o Alcalde de Verín onde terá lugar a primeira etapa da gran rolda galega. Na reunión tratáronse aspectos relativos á coordinación de seguridade da proba, unha contrareloj por equipos que obrigará a pechar durante máis de tres horas un trazado de dez quilómetros que cruzará o centro da cidade.

Muñiz tamén trasladou ao rexedor verinés a importancia de difundir un evento como a Volta que ano tras ano logrou gañar aos afeccionados galegos que seguen as evolucións do pelotón elite e sub 23 participantes na proba, a auténtica antesala do ciclismo profesional.

A Volta Ciclista a Galicia alcanza con esta a súa edición 17 desde que adquiriu o formato amateur. Este ano contará con dezanove equipos en liza que disputarán catro etapas entre os días 20 e 24 de setembro. Verín acollerá a espectacular contrareloj por equipos inicial mentres Sanxenxo, Boiro e Monforte completarán o calendario de competición da carreira.

Foto, de esquerda a dereita: Guillermo Sande (Director Volta a Galicia), Gerardo Seoane (Alcalde de Verín); Juan Carlos Muñiz (Presidente da Fgc)


Enlace con la noticia original: Concello de Verín e FGC preparan a primeira etapa da Volta a Galicia

Mas noticias relacionadas