Activada a zona privada para a tramitación das licenzas do 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

 

No día de onte a RFEC activou a zona privada para a tramitación das licenzas da tempada 2020 co fin de que poida xestionar con antelación as licenzas dos seus federados e que a día 1 de xaneiro estean en posesión da licenza e coa cobertura dos seguros en vigor.

O sistema de tramitación das licenzas realizarase da mesma forma que na tempada pasada, a través da zona privada do seu club na nosa plataforma web, indicándolle o seguinte:

Licenza club

A primeira licenza que teñen que tramitar é a licenza do club, unha vez que esta estea validada, poderán xestionar as licenzas dos ciclistas.

Fotografía (Novidade 2020)

Por indicacións da UCI, no 2020 será obrigatorio que todas as licenzas leven foto, como xa lles indicamos en correos anteriores, polo que teñen que subir as fotos nun arquivo de imaxe e deben ter o formato do DNI, con fondo en branco.

Pago de licenzas

Se se realiza o pago das licenzas mediante transferencia bancaria (Abanca ES22-2080-0573-1430-4000-1167), rogámoslles que figure:

En Ordenante, obrigatoriamente o nome do club, (non o nome de quen realiza a transferencia ou o titular da conta, exemplo, presidente ou tesoureiro. En caso de dúbida nesta cuestión poden poñerse en contacto coa nosa oficina 986224158 ou coa súa entidade bancaria)

En Concepto, inclúan o IDE que lle xerou o programa, xa que pola contra non podemos garantir que se tramiten todas as licenzas que estean pagas nin que as facturas coincidan cos pagos realizados.

Se o pago o realiza directamente o ciclista, no concepto ten que figurar obrigatoriamente o nome do club e o IDE, do contrario non poderá ser tramitada.

Equipo Nacional RFEC

– Se van dar de alta algún equipo na RFEC (opcional), deben facelo antes de tramitar as licenzas dos ciclistas co fin de que estean asignadas correctamente ao equipo e non xurdan problemas coa participación en probas nacionais (probas por etapas, copas de España, etc.).

Nuns días remitirémoslles toda a información referente aos seguros de accidentes e responsabilidade civil do 2020.

Para calquera aclaración non dubide poñerse en contacto con esta Federación.


Enlace con la noticia original: Activada a zona privada para a tramitación das licenzas do 2020

Mas noticias relacionadas