A Ruta Rosaliana coroou os primeiros líderes da Copa Galicia de Estrada Máster

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Os maillots de líderes da Copa Galicia de Estrada Máster xa teñen os seus primeiros propietarios. Pablo Liñares (Os Esfola Arrós) nos masters-30, Iván Vidal (Arcadecycles) nos masters-40 e Javier de la Fuente (Norinver) nos masters-50/60 impuxéronse nas súas categorías na V Ruta Rosaliana celebrada este sábado en Padrón. 

Un total de 105 corredores, 31 deles juniors, tomaron a saída na proba organizada polo Cortizo-Anova. O primeiro participante en cruzar a liña de meta, tras 75 kilómetros de percorrido, foi Iván Vidal. O máster-40 do Arcadecycles avantaxou en 2" ao pelotón encabezado polo júnior Uxío San Martín (Cortizo-Anova). 

A segunda xornada da Copa Galicia Máster de Estrada disputarase este domingo no Concello de Oroso. O III Memorial Fernando Abad homenaxeará a quen fora presidente do Tambre Bike e que nos deixou mentres practicaba o seu deporte favorito. O bandeirazo inicial darase ás 10:30 horas na Rúa da Cultura de Sigüeiro, onde rematará a carreira despois de terse completado 80 kilómetros. Nesta cita tamén poderán participar os juniors.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: A Ruta Rosaliana coroou os primeiros líderes da Copa Galicia de Estrada Máster

Mas noticias relacionadas