Ribeiro FC – UD Ourense: A conquista de San Cristovo para prolongar a racha

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita o Ribeiro ca intención de sumar 3 novos puntos e prolongar a súa racha de dúas vitorias consecutivas. Os nosos visitan San Cristovo, campo no que todavía non foron quen de gañar nos dous partidos desputados. Currás non poderá contar con Oli nin Vieytes.

Nova final para a UD Ourense e nova meta para seguir sumando partido a partido. Os vermellos visitan San Cristovo para medirse o Ribeiro, colista da categoría, pero clube que sempre xerou problemas os nosos. Cita ca historia para acadar unha vitoria que se resistiu nos dous encontros que os nosos desputaron sobre este céspede. A pasada tempada na visita a terras do Ribeiro os pupilos de Dacosta caeron derrotados e este ano en Copa, o partido rematou con empate.

Os ourensás afrontan este derbi provincial coa moral recuperada tras dos triunfos consecutivos fronte a Campo Lameiro e Pontellas e que refrendaron o obxetivo do ascenso. O equipo deixou ademáis unha boa imaxe nos seus dous partidos e aproveitou os tropezos dos rivais directos, o que permitiu recurtar diferenzas e situarse a 4 puntos do ascenso directo, cun partido menos, o que xogarán o venres en O Grove.

Fernando Currás chega a cita coas baixas confirmadas de Oli e Diego Vieytes. O primeiro non será da partida debido a acumulación de cartós, namentras que o segundo non estará a disposición do preparador de Esgos por lesión, tras acabar tocado o último encontro.  Fran Martínez é dúbida, despois de varios meses lesionados e continuando ca súa recuperación, entrando nos adestramentos das últimas semanas.

O Ribeiro afronta a cita co descenso virtual prácticamente consumado e co matemático achegándose perigosamente. Os de José Luis Vázquez tratarán de seguir fancendo de San Cristovo un fortín contra o Ourense e manter a súa casa libre de vitorias vermellas.

Rival, que a pesar de ser o colista da clasificación, dará guerra nun terreo de xogo pequeno e que limitará o fútbol ofensivo dos nosos.

La entrada Ribeiro FC – UD Ourense: A conquista de San Cristovo para prolongar a racha se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Ribeiro FC – UD Ourense: A conquista de San Cristovo para prolongar a racha

Mas noticias relacionadas