Continúa aberto o prazo para solicitar probas no Calendario 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Ata o mércores 16 de outubro manterase aberto o prazo para a presentación de solicitudes de carreiras e marchas, a través da plataforma web, co fin de elaborar o Precalendario autonómico 2020 de todas as modalidades e categorías. 

Pasos para as solicitudes:

1.- Entrar na zona privada

2.- Ir á pestana de "PROBAS"

3.- Picar sobre a pestana de "Nova Autonómica"

4.- Cumprimentar os datos que se solicitan

Todas aquelas solicitudes que cheguen despois desta data perderán os seus dereitos no calendario a efectos de coincidencias.

 

DXT

Do mesmo xeito que nesta temporada, a DXT (Dirección Xeral de Tráfico) mantén os requisitos para a organización de probas deportivas que utilicen as vías públicas nas que se necesite a súa autorización e/ou o acompañamento da Garda Civil de Tráfico, establecendo distintos prazos para solicitar as probas. Por este motivo, para poder ter prioridade á hora de obter a autorización é fundamental solicitar a proba dentro do primeiro período (16 de outubro). O cumprimentar os datos no formulario presten especial atención o recadro que solicitan a información para a DXT.  Ademais as probas solicitadas no ano próximo terán que facelo tamén por dobre vía (a Federación e a DXT).

 

Taxas

Aínda non lles podemos confirmar os prezos das taxas da temporada 2020 debido a que será a Asemblea Xeral a que aprobe as Obrigacións Financeiras da próxima temporada, polo que a data de hoxe están en vigor as do 2019.

Con motivo de facilitar aos clubs organizadores de probas as xustificacións das posibles subvencións, e para que a facturación coincida co ano de celebración da proba, estableceuse o pago das taxas federativas a partir do 1 de xaneiro de 2020.


Enlace con la noticia original: Continúa aberto o prazo para solicitar probas no Calendario 2020

Mas noticias relacionadas