Convocatoria da Selección de Galicia Júnior para o Trofeo La Cistérniga e o Trofeo Federación de Valladolid

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Selección de Galicia Júnior volve competir esta fin de semana despois de ter disputado o pasado sábado en Sax (Alacante) a carreira inaugural do Trofeo Federación 2019. Nesta ocasión, o combinado dirixido por Guillermo Sande participará en dúas probas na provincia de Valladolid.

A primeira delas será o III Trofeo La Cistérniga-Viana de Cega, que o sábado se celebra co formato de contra o reloxo por equipos sobre unha distancia de 17,5 quilómetros.

Ao día seguinte chegará a segunda e derradeira cita do Trofeo Federación. Este certame resolverase nos 115 km do Memorial Ángel Lozano, un percorrido con cinco portos de montaña e final na Plaza del Milenio de Valladolid. 

Os seis corredores citados polo selecciondor de Galicia son:

Daniel Sanín Sánchez                       Cambre

Manuel Sampedro García               Cambre

Raúl Casalderrey Esperón               Farto

Gianni Iannelli Álvarez                     Redondela

Brais Gómez Cima                            Ponteareas

Manuel Rodríguez Alonso               Ponteareas

 


Enlace con la noticia original: Convocatoria da Selección de Galicia Júnior para o Trofeo La Cistérniga e o Trofeo Federación de Valladolid

Mas noticias relacionadas