Curso monitor de ciclismo 2019

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Cun éxito absoluto de participación, reunindo a 84 alumnos, tivo lugar o pasado sábado na Casa do Deporte de Vigo o Curso de monitor de ciclismo 2019.  A alta cifra de participación puxo de manifesto o gran interese que esperta a formación no noso deporte. 

A xornada comezou ás 10:00 horas coa presentación do curso e a entrega de material, antes de que interviñera Paulo de la Fuente (Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte), que falou sobre a Metodoloxía na Ensinanza do Ciclismo Escolar: adestramento e planificación. A continuación José Manuel Aguilera (Diplomado en Enfermería e DUE do 061 de Galicia) encargouse da charla sobre Primeiros Auxilios e RCP con DESA. 

Tras un primeiro descanso chegou a quenda da actividade programada sobre as Disciplinas do Ciclismo, conducida por Guillermo Sande (Técnico e Seleccionador da Federación Galega de Ciclismo) e Begoña Carpinteiro (Directiva da FGC e Delegada Federativa de BTT da FGC e da Real Federación Española de Ciclismo).

O xantar deu paso á sesión de tarde que se iniciou cunha charla coloquio. Baixo o título 'O día a día nunha escola de ciclismo' os convidados foron David Alfonso (Director deportivo do 2.0 Sport Team, C.) e Noé Rodríguez (Director deportivo do Vigués, C.C.).

O curso seguiu coa materia de Normativa Técnica das Escolas, impartida por Francisco Javier Cajiao (Directivo da FGC e Presidente do Comité Técnico de Árbitros da FGC), e as conferencias remataron coa de Mecánica Básica, que correu a cargo de Esteban Lorenzo (Directivo da FGC e Técnico de equipamento deportivo). Por último, entregáronse os diplomas e púxose o peche ao curso ao redor das 19:30 horas. 


Enlace con la noticia original: Curso monitor de ciclismo 2019

Mas noticias relacionadas